Escoitar

O Concello adxudica 28 vivendas en réxime de aluguer social en Navia<br />

28 familias viguesas accederán a unha vivenda de protección social en Navia, logo do sorteo público e ante notario que se fixo esta mañá no Auditorio Mar de Vigo entre 885 aspirantes. Tal e como explicou o rexedor, entre hoxe xoves e mañá publicarase a lista de adxudicados na páxina web do Concello e "nun breve prazo" as familias poderán ocupar a súa vivenda. Os alugueres oscilan entre os 116 e os 166 euros ao mes dependendo das circunstancias económicas dos beneficiarios.

xoves, 15 nov 2012
1352994049sorteo.JPG
Descargar todas as imaxes