Escoitar

O Concello buscará unha ubicación para a nova Cidade Deportiva do Real Club Celta

O alcalde, Abel Caballero, explicou hoxe xoves que os terreos que baralla a entidade deportiva, sitos en Bembrive, son de uso industrial e por tanto alí "non se pode realizar" o proxecto do club, por ser contrario ao Plan Xeral. Adiantou Caballero que "xa estamos traballando na procura dunha ubicación" alternativa.

xoves, 15 nov 2012
O alcalde valorou de "moi boa" a iniciativa do Real Club Celta de Vigo de comprar terreos onde construir a súa nova Cidade Deportiva, deixando a actual instalación de A Madroa que podería ser empregada pola cidade.

Abel Caballero explicou que, despois de revisar a normativa urbanística, os terreos que propón o club en Bembrive están calificados como de uso industrial, para instalar unha planta de reciclaxe de materiais de construcción, polo que legalmente "non é posible" construir unha cidade deportiva e "como é natural, nós non contemplamos ningunha recalificación", posición do Concello para a que "non hai excepcións".