Escoitar

O Goberno municipal non recorrerá a sentenza que adxudica aos comuneros de Teis a propiedade dun terreo lindante co Zoo

O alcalde de Vigo anunciou hoxe martes que o Concello acata e non recorrirá a setenza que atribúe a propiedade dunha superficie lindante co Zoo de Vigo aos comuneiros de Teis. Explicou quese trata unha parcela situada entre o zoolóxico e una parcel a municipal adquirida en 1993 que agora "usarán os comuneiros en plenitud dos seus dereitos".

martes, 13 nov 2012
O Concello de Vigo non recorrerá a sentenza xudicial que lle da a razón aos comuneiros de Teis sobre a titularidade dun terreo situado ao lado do Zoo. Tal e como avanzou o rexedor esta mañá, o Goberno acata a setenza "porque os servizos técnicos entenden que a comunidade de montes ten razón" e, polo tanto, non recurrirá o fallo. Caballero explicou que se trata dun terreo situado entre o Zoo e unha propiedade municipal adquirida en 1993, unha franxa que poderán "usar os comuneiros en plenitud dos seus dereitos".