O alcalde convoca un pleno extraordinario para buscar solucións para os desafiuzamentos na cidade
Abel Caballero anunciou para o martes 20 de novembro un pleno extraordinario para debater sobre medidas que poñan freo aos desafiuzamentos na cidade. Confiou en que se aproben iniciativas que se sumen ás que xa tomou o Goberno municipal como a prestación de asistencia letrada aos afectados e a decisión de non establecer relacións con entidades financeiras que executen desafiuzamentos a familias con baixos recursos.
O alcalde de Vigo anunciou esta mañá que o martes 20 de novembro ás 09,00 horas celebrarase un pleno extraordinario para tratar o tema dos desafiuzamentos na cidade, tal el como solicitou o BNG. Nesta sesión se debaterán as medidas que se van tomar, a maiores das que xa adoptou o goberno local, como a prestación de asistencia legal aos afectados ou a decisión de non manter relacións comerciais con entidades bancarias que executen desafiuzamentos a familias con problemas económicos. "Neste tema, dixo, todo o que se faga é pouco porque ninguén con renta modesta pode ser desafiuzado da súa vivenda, quedar adeudando na rúa sen poder pagar outra vivenda e que o seu piso quede valeiro". Insistiu na necesidade de establecer unha moratoria de 4 anos, ademais de reformar a lei hipotecaria. Durante a súa comparecencia, avanzou que se está estudando a posiblidade de ceder un local aos afectados como sede permanente para atender ás persoas baixo esta ameaza ou que xa foron desafiuzadas.
Hipotecas de Navia
Asimesmo, o rexedor mantivo esta mañá un encontro coa plataforma de afectados en Navia pola decisión da Xunta de eliminar as axudas para as hipotecas de protección social. Tal e como explicou, transmitiulles que no último pleno, coa abstención do PP, aprobouse unha moción socialista na que se reclama a Xunta a reposición desta axuda de pago porque significa un problema ecómico para moitas familias (supón 80 euros por cada 10.000 euros de crédito". Apuntou que estas familias operaban desde a confianza dun contrato asinado que lles garantía esta achega, sen a que a súa capacidade económica vese moi mermada. "E un intolerable abuso que pon en risco a vida e o mantemento da propiedade en Navia e seguro que noutros sitios da cidade", subliñou. Avanzou que o Concello vai facilitar apoio xurídico e locais de reunión aos afectados, "poñemos a súa disposición a capacidade de actuación deste goberno, con urxencia, porque mañá vencen algúns prazos de reclamación", concretou.
Descargar todas as imaxes