Escoitar

O goberno local deixa "vía libre" á apertura da aula da UNED no Casco Vello

O alcalde, Abel Caballero, e o bispo da Diócese Tui-Vigo, Luis Quintero, asinaron hoxe xoves un anexo ao convenio de cesión de uso do inmoble da rúa San Vicente 3, de propiedade da igrexa, autorizando o seu uso para a aula da UNED de Vigo. Esta dotación educativa, financiada íntegramente polo Concello, ten xa "vía libre" para a súa apertura por parte da Universidade.

xoves, 25 out 2012
1351165524uned.jpg
O Concello de Vigo e o Bispado rubricaron este xoves un anexo ao convenio de cesión de uso deste inmoble do Casco Vello polo cal se autoriza a ser empregado como aula da UNED.

Este acordo permite ao Concello darlle esta nova utilidade ao edificio -ata o momento adicado a servizos municipais de Emprego- e que a Universidade teña coñecemento do mesmo. O goberno local, que financia íntegramente a apertura desta aula, deixa "vía libre" á Universidade a Distancia para que proceda á súa apertura.

Abel Caballero agradeceu ao Bispado a súa "cooperación" co Concello de Vigo, pois un aluguer custaría uns 12.000 euros, segundo as estimacións do alcalde, quen apuntou que a decisión de ubicar a aula nesta infraestrutura responde ao interese municipal por "revitalizar o Casco Vello".

O alcalde censurou que a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra non aporten ningunha cantidade económica á aula de Vigo, algo que si fan noutras sedes da UNED na provincia e na autonomía.
Descargar todas as imaxes