O Concello contrata a xestión das novas escolas infantís de Tomás Alonso e Casiano Martínez
O alcalde anunciou hoxe xoves a adxudicación definitiva da xestión das novas escolas infantís municipais de Tomás Alonso e Casiano Martínez, que están xa en marcha con 144 prazas, case que un 50% máis das vacantes existentes en 2007. As obras do futuro centro de Mestres Goldar, con outras 100 prazas, están "moi avanzadas", asegurou Abel Caballero.
A Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria, deu luz verde á adxudicación definitiva das escolas infantís municipais de Tomás Alonso e Casiano Martínez, centros que xa operan desde finais de setembro cun total de 144 prazas. A contratación adxudicouse por catro anos, prorrogables por outros dous, ofertando a empresa unha baixa "sustancial" do 10% sobre a oferta de licitación.
Abel Caballero explicou que o Concello ten funcionando actualmente seis escolas infantís que totalizan 446 prazas, case que un 50% máis das 302 existentes no ano 2007. O alcalde asegurou que as obras de reforma do futuro centro de Mestres Goldar están "moi avanzadas" -sumarán outras 100 prazas máis ao total- e outras dúas escolas están proxectadas.
O alcalde quixo por de relieve o "esforzo" do goberno municipal para incrementar as prazas de educación de 0 a 3 anos na cidade, un servizo que presta un "apoio moi importante" as familias. O Concello de Vigo adica á xestión das escolas infantís municipais 1,5 millóns de euros anuais.
Descargar todas as imaxes