Escoitar

A franxa de praia de Samil afectada polo verquido da depuradora xa está aberta ao baño

As analíticas da auga recollida nas zonas da praia de Samil afectadas polo verquido da depuradora determinan que os arenais xa están aptos para o baño, polo que, tal e como avanzou o alcalde esta mañá, xa se retiraron as bandas de protección e a prohibición de baño.

mércores, 12 set 2012
As praias xa están limpas e a contaminación eliminada. Deste xeito describía esta mañá o rexedor a situación na que se atopa a franxa de praia de Samil que afectada por un verquido da depuradora. Deste xeito, Caballero deu instruccións para que desde primeiras horas se retiraran as bandas de protección e a prohibición de bañarse. Anunciou que as analíticas confirmaban que as augas recuperaran os niveis de calidade e salubridade normais.

Durante a súa comparecencia cos medios, Caballero explicou que o Concello está a manter conversas coa empresa para coñecer a orixe do verquido e, sobre todo, poñer en marcha mecanismos que eviten este tipo de situacións. Insistiu na necesidade de inicar cuanto antes a construcción da nova depuradora, advertindo que a actual non está sendo atendida pola Xunta de Galicia cos recursos precisos. Neste punto, reiterou que ata o de agora a única administración que investiu cartos neste proxecto é o Concello e avanzou que a partir de agora o fará o Ministerio de Medio Ambiente, afeandolle á Xunta á súa nula contribución.