Escoitar

20 efectivos traballan na limpeza da praia de Samil na que se detectou o verquido da depuradora

Ao longo do día de hoxe, martes, manterase pechada ao baño a zona de 50 metros a ambos lados da desembocadura do río Lagares na que se detectou un verquido da depuradora debido a un fallo dun tanque de bombeo, que xa foi reparado no día de onte. Tal e como indicou o rexedor, durante todo o día de hoxe seguirán a traballar na limpeza da zona un camión cisterna e uns 20 operarios coa esperanza de que a praia poida estar limpa mañá, mércores.

martes, 11 set 2012
1347375661LAGARES.bmp
O alcalde anunciou esta mañá que durante o día de hoxe manterase pechada ao baño a franxa de 50 metros afectada por un verquido no río Lagares. A orixe, apuntou, foi un aliviadeiro que obturou o tanque de bombeo da depuradora que xa se reparou onte, deixando augas turbias na praia de Samil e de Foz. Durante a súa comparecencia cos medios, o rexedor explicou que se están a realizar as correspondentes analíticas da auga coa expectativa de que mañá, mércores, xa esté a praia limpa. No tocante aos medios técnicos e humáns despregados, Caballero destacou a presenza dun camión cisterna operativo constantemente, que xa retirou 23 cargas de auga turbia-, así como de 20 entre técnicos e traballadores.

O alcalde atribuiu este tipo de sucesos ao mal estado no que se atopa a depuradora actual o que, na súa opinión, obriga a acelerar a construcción da nova infrastrutura, que xa está a punto de iniciarse. Lembrou que ata o de agora a única administración que contribuiu na construcción da depuradora é o Concello, en alusión á expropiación dos terreos que correron integramente a cargo das arcas municipais. Rematou reclamando á Xunta que retire o canon de saneamento porque "a Vigo non lle aporta nada, so sirve para financiar investimentos noutros lugares".

Descargar todas as imaxes