Escoitar

A Corporación de Vigo solicita á Xunta que derogue o canon de auga

O Pleno do Concello aprobou hoxe instar á Xunta a derogar a Lei 9/2012 que grava o uso e consumo de agua no territorio de Galicia e que supón, segundo o concelleiro propoñente, o socialista David Regades, un incremento do 6% dos recibos no 70% dos fogares vigueses.

luns, 10 set 2012
O concelleiro socialista David Regades defendeu na sesión plenaria desta mañá unha moción na que insta á Xunta de Galicia a derogar a Lei 9/2012 que grava o uso e consumo de agua en toda a Comunidade. Cos votos favorables do PSOE e do BNG, e co PP en contra, o texto aprobado lembra que o pasado un de xullo entrou en vigor o canon de auga e o coeficiente de vertedura creados pola lei 9/2010 de 4 de novembro de Augas de Galicia, o que supuxo un incremento do 6% nos recibos do 70% dos fogares vigueses.

Asimesmo, e continuando cos prezos da auga, o Pleno da Corporación aprobou por unanimidade unha moción promovida polo PP que insta ao Goberno municipal a iniciar de inmediato os trámites para o cumprimento do acordo de modificación da ordenanza fiscal reguladora das taxas pola presentación se servizos de auga potable, rede de sumidoiros, saneamento e depuración de augas residuais.

Outra das mocións socialistas que logrou neste Pleno o apoio do BNG foi a defendida polo concelleiro Manel Fernández sobre o inexistente investimento da Xunta e Deputación no deporte de Vigo. A exposición de motivos lembra que o organismo provincial aprobou uns orzamentos de 152 millóns, nos que non figura nin unha soa partida específica para a nosa cidade.