Urbanismo determina que 9 dos 14 aparcamentos disuasorios proxectados pola Xunta en Vigo son inviables
Un informe aprobado esta mañá na Xerencia de Urbanismo determina que 9 dos 14 aparcamentos incluidos no plan sectorial de aparcadoiros disuasorios para Vigo son inviables. Os técnicos argumentan que 5 deles precisan cambios na súa localización e outros 4 vulnerarían o PXOM.
A Xerencia de Urbanismo deu luz verde esta mañá a ao informe sobre o Plan Sectorial de aparcadoiros disuasorios da Xunta de Galicia. Tal e como informou o rexedor, das 14 instalacións previstas en Vigo, 9 delas son inviables. Catro dos aparcadoiros vulnerarían o PXOM e outros 5 precisarían cambios de localización.
Segundo o rexedor, este plan é unha estratexia do goberno autonómico para que Vigo pague o autobús aos que veñen de fora e deixen o coche nun destes aparcadoiros, unhas intalacións que serán "deficitarias" e que tería que xestionar o Concello. Caballero vencellou esta iniciativa aos obxectivos que, na súa opinión, perseguía a lei de área metropolitana xa que, asegurou, pretendían que Vigo pagara e os demais disfrutaran. Ao longo da súa intervención, e no tocante aos proxectos da Xunta en Vigo, o alcalde lembrou a negativa do Goberno autonómico de construir o metro lixeiro na cidade.
Por outra banda, engadiu, na Xerencia de Urbanismo desta mañá deuse conta de 12 setenzas urbanísticas favorables aos intereses do Concello. Catro delas desestiman todos os motivos de posibles nulidad do PXOM, rexeitando os argumentos dos demandantes e estimando parcialmente os cambios que solicitaron particulares no ámbito das súas parcelas sobre cambios na clasificación do solo. Tamén se referiu o rexedor ás 67 licenzas que esta mañá aprobou a Xerencia, cun investimento de máis de 6 millóns de euros.