Escoitar

O rexedor destaca os máis de 7 millóns de euros que destiña o Concello a plans de emprego

Esta mañá de venres asinaron os seus contratos os 102 beneficiarios do Vigo Emprega, un dos plans de emprego desenvolvidos polo Concello e que contan cun orzamento superior aos sete millóns de euros. Unha cifra que o rexedor comparou coas achegas da Xunta en materia de emprego a Vigo, cifradas en 176.000 euros.

venres, 7 set 2012
Os 102 traballadores do Vigo emprega asinaron hoxe venres os seus contratos, cunha duración dun ano e un orzamento de 1,7 millóns de euros. Durante a súa comparencia cos medios, Caballero destatou os máis de sete millóns de euros que destiña o Goberno munipal a plans de emprego, comparándoos cos 176.000 euros que destiña a Vigo a Xunta para loitar contra o desemprego.

Dentro destes plans, e tal e como informou o rexedor, a Xunta de Local de Goberno aprobou a licitacion para a contratación dun sitio web para o Sum Project cun orzamento de 22.000 euros. Trátase dun programa confinanciado pola Unión Europea, no que participan nove países europeos co obxectivo de convertirse nun marco de referencia da movilidade sostenible.


A Xunta Local de Goberno tamén deu luz verde ao proxecto de urbanización da área dotacional San Sebastián-Abeleira Menéndez, cun orzamento de 312.000 euros, suporá a apertura dunha nova rúa que comunicará as devanditas rúas. Contará cunha praza na parte alta e será peonil. Tal e como explicou o rexedor, esta mañá tamén se aprobou un proxecto de actuacións puntuais de reurbanización e renovación de infraestruturas nas rúas Anguía e Calexón entre Palma e Oliva, no Casco Vello. Cun orzamento de de licitación de 136.000 euros, renovarase parte do firme existente, sustituirase a rede de abastecemento e lumínica.