Escoitar

O alcalde cifra en 10 millóns de euros o investimento do Concello en educación<br />

O alcalde de Vigo participou esta mañá na inauguración do curso escolar no Ceip Seis do Nadal onde destacou os 12 millóns de euros que o Concello adicou á educación nos orzamentos este ano "sen ter competencias en materia educativa", matizou.

mércores, 12 set 2012
1347463455SEISDONADAL.jpg
Un total de 24.621 alumnos de Infantil e Primaria empezaron hoxe mércores o seu curso escolar. 10.974 o fixeron en centros públicos, 13.495 en concertados e 152 en centros privados. Así o explicou o rexedor durante a visita que realizou ao Ceip Seis do Nadal, acompañado da concelleira de Educación, Raquel Díaz, un acto no que apuntou que o Concello adicou ao funcionamento dos 53 centros públicos case 6 millóns de euros, dunha partida orzamentaria de 12 millóns de euros que as contas municipais adican á educación "a pesar de non ter competencias na materia", puntualizou. En concreto, detallou, 300.000 euros de programas de autoxestión, 600.000 euros para subministro eléctrico, 80.000 euros para calefacción, 600.000 euros en reparacións e 1.5 millóns nos salarios dos conserxes.

Tal e como relatou, este curso 571 alumnos recibiron bolsa de libros para primaria, cun investimento de 40.000 euros, o que supón un incremento dos beneficiarios dun 8% máis respecto ao curso pasado. No que respecta ás axudas de comedor, adícanse 1,5 millóns de euros para 3.813 alumnos, cunha subvención media de 41 euros ao mes e 775 bolseiros que teñen financiado o comedor íntegramente. O coste medio dun menú é de 4,20 euros e este ano aumentouse a cifra de beneficiados nun 20%, baixo o obxectivo de que "ningún neno que o precise quede sen axuda para comer". O Concello atende 32 comedores escolares- con 2.300 comensais diarios- xestionados a través do convenio de Foanpas, e, a Xunta, 17. Continuando cos comedores, o rexedor cifrou en 386.000 euros o investimento municipal na construcción, reformas e ampliación das instalacións desde o ano 2007, o que permitiu a máis de 1.000 alumnos disfrutar destas melloras.

Dentro do orzamento municipal en educación, Caballero destacou o máis dun millón de euros para bolsas de inglés das que se benefician 447 alumnos, e avanzou "o noso compromiso de que todos os que soliciten bolsas de inglés desde o colexios públicos a obteñan". Na súa intervención, referiuse ademais aos 2,2 millóns que se adican as escolas muncipais de Música, Música Folk e Tradicional, Teatro e Artes e Oficios, que albergan a uns 1.500 estudantes.

Rematou lamentando que o curso escolar non comezara en Vigo co peche do colexio Novacaixagalicia por parte da Xunta, así como das Escolas infantís Nogal e Palencia.
Descargar todas as imaxes