Propostas que a Comisión Informativa de Réxime Interior decidiu trasladar ao Pleno do Concello
O Concello de Vigo vai asinar un convenio co Club Rápido de Bouzas para que esa sociedade utilice gratuitamente o novo campo de futbol construido no recheo de Bouzas. O Rápido terá que facerse cargo do mantemento do terreo de xogo, dos gastos de auga e electricidade e dos labores de limpeza. A cambio, o Concello cédelles a explotación da publicidade do campo e do bar ubicado no recinto. O texto do convenio, aprobado pola Comisión Informativa de Réxime Interior, será debatido no próximo Pleno da Corporación municipal.
Outros asuntos que a Comisión remitiu ao pleno son o proxecto de ampliación do saneamento de Coruxo, unha obra avaliada en 234 millóns de pesetas: a autorización á Comunidade de Montes de Valadares para que constrúa un bar-restaurante no Parque Forestal do Monte Cepudo ou a solicitude de ingreso do Concello de Vigo na Conferencia de Cidades do Arco Atlántico.