O alcalde de Vigo foi nomeado presidente da Fundación do Observatorio Urbano das cidades do Eixo Atlántico
O alcalde de Vigo, Lois Pérez Castrillo, presidirá o Observatorio Urbano do Eixo Atlántico, fundación que promove o intercambio de información entre os municipios que o integran. Nesta nova etapa incorpora un compoñente privado como é o Consorcio Zona Franca de Vigo.
Esta mañá reuniuse en Vigo o Comité Executivo do Eixo Atlántico e acordou que o alcalde de Ourense asuma, a partir do 1 de xuño, a súa presidencia e que o actual titular, o presidente da Cámara Municipal de Braga, Mesquita Machado, ostente o cargo da vicepresidencia.
Na mesma xuntanza decidiuse convocar unha asemblea xeral, o 3 de xullo, en Ourense coincidindo coa celebración nesa cidade dos ”Xogos do Eixo Atlántico”. Crearase unha comisión técnica sobre novas tecnoloxías que agrupará persoal técnico dos distintos municipios para o intercambio de información entre Galicia e o norte de Portugal.
Entre outras propostas de ámbito cultural e deportivo, pódense destacar a organización dunha volta ciclista do Eixo Atlántico e un torneo de fútbol sala, que deberán ser aprobadas de forma definitiva polas comisións delegadas.