Juan Corral adianta a súa renuncia como concelleiro
Juan Corral decidiu presentar a súa renuncia como concelleiro do PP no Concello de Vigo, prevista para o vindeiro mes de xuño, ó considerar ”que non é necesario permanecer ata esa data, xa que o Grupo municipal Popular pode organizarse perfectamente”. Corral será substituído por José Manuel Figueroa no seu cargo como voceiro.
Tras tomar esta decisión, o ata o de agora número un do Grupo municipal do PP comunicoulle ó alcalde de Vigo, Lois Pérez Castrillo, a súa renuncia á acta de concelleiro, que se fará efectiva no vindeiro Pleno que celebre a Corporación viguesa o próximo 26 de abril.
Corral negou, en rolda de prensa, que a dirección do PP lle pedise que adiantase a súa renuncia, anunciada en marzo tras unha entrevista mantida co presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga.
Trala marcha de Corral, será Montserrat Otero, a seguinte na lista do PP, quen tome posesión como concelleira.