Escoitar

O Concello prepara un diagnóstico sobre a situación medioambiental da cidade

martes, 17 abr 2001
O Concello de Vigo está a elaborar a Axenda 21 na que se recollerá un diagnóstico da contaminación da cidade co obxectivo de tomar as decisións oportunas para evitar a degradación do medio.

Segundo manifestou o concelleiro de Medio Ambiente, Amador Fernández, en Vigo hai máis de cen empresas que realizan unha declaración sobre os contidos dos seus vertidos ó saneamento.

O reto da elaboración da Axenda 21 é estudiar a contaminación en tódalas súas manifestacións para logo tomar as determinacións oportunas e aplicar a lexislación vixente.

A Zona Franca e a Universidade de Vigo realizan conxuntamente o mapa sónico da cidade, que se incluirá neste diagnóstico. Isto converte a Vigo na cidade máis ruidosa de Galicia debido a que é a única que mide os seus niveis acústicos.

A Axenda 21 servirá tamén para aplicar unha estratexia de educación ambiental e fomentar a responsabilidade dos cidadáns na protección do medio.

Máis información: Axenda 21 Cumbre de Río