O Salón Interactivo de Medio Ambiente e Equipamento Municipal servirá de referente sobre a materia en Galicia
O I Salón Interactivo de Medio Ambiente e Equipamento Municipal (Simen 2001) celebrarase do 5 ó 8 de xuño no Instituto Feiral de Vigo, en Cotogrande, co obxectivo de introducir a variable medioambiental no sector industrial galego.
Os organizadores do certame, a empresa Planner Proceltha e a Asociación Provincial de Empresas de Medio Ambiente (Aproema), tratan de colaborar na política de potenciar o desenvolvemento industrial e económico salvagardando os intereses medioambientais da sociedade.
Simen 2001 contará cun cento de expositores relacionados co medio ambiente que lles permitirán presentar ás empresas e institucións as últimas tecnoloxías existentes. Gracias á participación de destacadas marcas internacionais, Ifevi converterase nun punto de encontro da oferta e demanda en busca de solucións ós problemas medioambientais.
Neste certame estarán representados distintos sectores de interese medioambiental como os relacionados co saneamento integral da Ría de Vigo, a xestión do lixo, a reciclaxe e reutilización de residuos, o control de contaminación acústica ou o selado de vertedoiros de orixe municipal.
De forma complementaria, ofreceráselles ós visitantes un amplo abano sobre equipamentos municipais nos que os novos materiais compartirán espacio cos tradicionais, facilitándolles ós concellos a posibilidade de coñecer, nun espacio único, as novas tendencias existentes no mercado en materia de medio ambiente.
Xornadas técnicas
O Colexio Oficial de Químicos de Galicia ofrecerá, durante a celebración do Salón Interactivo de Medio Ambiente e Equipamento Municipal, unhas xornadas técnicas destinadas a analizar a situación na que se encontra a xestión de residuos municipais.
A recollida selectiva e reciclaxe, xestión de residuos sólidos urbanos municipais, vertedoiros e alternativas de xestión de residuos orgánicos ou novos usos de plásticos reciclados posconsumo e a súa aplicación ó mobiliario urbano e á sinalización vial serán algúns dos temas que se analizarán no encontro, que contará coa presencia de destacadas personalidades dos sectores institucional e da empresa privada.
Descargar todas as imaxes