Vigo-Zoo rexistrou unha grande afluencia de visitantes en Semana Santa
Entre o xoves e o domingo das vacacións de Semana Santa rexistrouse unha entrada de 4.072 persoas no zoolóxico da Madroa, sen contabilizar os visitantes menores de sete e maiores de 65 anos, exentos de pagar. O prezo das entradas é de 400 pesetas para os adultos e 200 para os nenos.
Actualmente, estanse realizando as obras do peche perimetral do recinto do parque co obxectivo de cumprir a normativa da Unión Europea nesta materia. Solicitáronse subvencións á Deputación de Pontevedra e á Xunta de Galicia para realizar outras obras de acondicionamento do recinto dos animais en cautividade tamén encamiñadas a adoptar as recomendacións europeas.
Colaboración coa Universidade
Equipos da Universidade están a traballar na recuperación de especies animais segundo a aplicación do acordo marco de colaboración entre a Universidade de Vigo e o Organismo Autónomo Municipal Vigo-Zoo. Esta entidade ofreceu as súas instalacións para traballos de investigación, teses de licenciatura e de doutoramento relacionados coa temática de parques zoolóxicos.
Descargar todas as imaxes