O presidente da Xunta compromete o apoio do Goberno galego á celebración da Copa do Mundo de Hípica en Vigo
O presidente da Xunta, Manuel Fraga, comprometeu o apoio da Administración autonómica á organización da Copa do Mundo de Hípica, que se vai desenvolver en Vigo no mes de febreiro do vindeiro ano.
Fraga recibiu esta mañá en Santiago unha delegación encabezada polo alcalde de Vigo, Lois Pérez Castrillo, e na que figuraban tamén membros do comité organizador do evento como Manuel Fernández, o xerente do IFEVI, Rubén López, e Cayetano Martínez de Irujo, representante da Federación Española de Hípica. Esta delegación foi a que viaxou a pasada semana a Göteborg para conseguir a designación de Vigo como sede da única proba da Copa do Mundo de Hípica que se vai desenvolver na Península o próximo ano.
Lois Pérez Castrillo explicoulle ao presidente da Xunta a repercusión internacional que vai ter a celebración en Vigo desta proba. A elección da nosa cidade para albergala permitirá ollar en Galicia aos mellores xinetes do mundo e tamén suporá unha notable afluencia de visitantes procedentes de toda Europa. Manuel Fraga garantiu o apoio económico da Administración autonómica para a preparación do acontecemento.
A organización da proba anunciou a súa intención de ofrecerlle á Duquesa de Lugo, a infanta Elena, a presidencia de Honra do Comité Organizador.
A Copa do Mundo vai ter como escenario o recinto feiral de Cotogrande. O padroado do Instituto Feiral de Vigo comezará a preparar o evento na súa próxima reunión.
Descargar todas as imaxes