Escoitar

No mes de setembro estarán rematadas as obras do Museo de Arte Contemporánea

venres, 20 abr 2001
imx130.jpg
O comité de seguimento do Museo de Arte Contemporánea analizou o avance das obras do museo fixando o 30 de setembro como data de terminación da construcción do MARCO. Así o manifestou o concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe, trala reunión mantida polo comité de seguimento.

As obras do museo teñen un presuposto de 1.350 millóns de pesetas e ata o de agora facturouse 863 millóns. A financiación é do 70% con fondos europeos e o 30 % aportación municipal.

O número de persoas que traballan nas obras pasou de 65 obreiros no mes de xaneiro a 102 actualmente. Ademais da empresa NECSO están a traballar 17 contratistas máis.

O edificio do MARCO sitúase entre as rúas Príncipe e María Berdiales, nun dos centros neurálxicos da urbe e moi próximo ós elementos de equipamento culturais máis significativos da cidade ( Casa das Artes, Centro Cultural García Barbón, Museo Laxeiro, Casa da Cultura Galega, Biblioteca Central, Casa de Arines, Universidade Popular, Rectorado).

Os arquitectos redactores do Museo de Arte Contemporánea son Salvador Fraga, Francisco Javier García-Quijada e Manuel Portolés.
Descargar todas as imaxes