Escoitar

Vigo liderará o programa cultural con motivo do terceiro centenario da “ Batalla de Rande”

luns, 23 abr 2001
A Comisión de Goberno aprobou un calendario de traballo para que no ano 2002 o Concello de Vigo lidere un programa de actividades culturais, deportivas , científicas e de ocio en relación co tercer centenario do que se coñece como a batalla de Vigo. Este acontecimiento histórico foi unha batalla naval que se desenvolveu na Ría de Vigo entre os meses de setembro e outubro de 1702.

O programa do terceiro centenario da Batalla de Vigo ten como obxectivos recuperar a memoria histórica dun feito moi importante da cidade: permitir a proxección nacional e internacional de Vigo como enclave cultural e desenvolver un conxunto de actividades que se poidan insertar programas públicos e privados. A concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe, destacou a necesidade da colaboración de instituciones públicas e privadas, fundamentalmente a participación do Estado , da Xunta , da Deputación provincial e outros concellos da Ría, así como das entidades financeiras de Galicia como as caixas de aforros e dos movementos asociativos e culturais da Ría de Vigo.

A filosofía do terceiro centenario da balalla ten que ser claramente pacifista, segundo manifestou o concelleiro de Cultura “ non se tratar de falar da guerra, senón de falar dun momento da historia da cidade no que coincidiron os intereses de cinco países, por un lado Holanda e Inglaterra e polo outro Francia, España e Portugal”.

O calendario de traballo é presentar o anteproxecto do programa sobre o 15 de maio. Dende esa data e ata o 15 de xullo estableceranse os contactos para coñecer con qué axentes institucionais e económicos pódense contar e a partir do mes de setembro pór en marcha os programas previamente definidos.