Escoitar

O Consello da Xerencia aproba o convenio que asinará o Concello coa CPTOPV para financiar a redacción do Plan Xeral

luns, 23 abr 2001
imx142.jpg
Edificio da Xerencia de Urbanismo
O Consello da Xerencia aprobou hoxe por unanimidade o texto do convenio que asinará o Concello de Vigo coa Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para financiar a redacción do novo Plan Xeral de Ordenación Urbana. Os traballos de elaboración do Pxou custarán 200 millóns de pesetas, que serán aportados a partes iguais polo Concello de Vigo e pola Xunta.

No convenio especifícase que cada unha das administracións fará no presente exercicio unha aportación de 25 millóns de pesetas. No ano 2002 a achega será de 45 millóns por cada parte, e na anualidade 2003 entregarase a cantidade restante, 30 millóns de pesetas de cada unha delas.

O Consello da Xerencia aprobou tamén o prego de condicións para a convocatoria dun concurso público no que se seleccionará o equipo técnico que se encargará da redacción do Pxou. Este prego foi consensuado por tódalas forzas políticas e polos axentes sociais presentes no Consello Sectorial de Urbanismo.

Visto e prace para o proxecto de acondicionamento da superficie da praza da Independencia

O Consello da Xerencia deu o seu visto e prace ao proxecto de acondicionamento da superficie da praza da Independencia presentado polos arquitectos Salvador Fraga, Manuel Portolés e F.J. García-Quijada. O acordo foi adoptado cos votos favorables do BNG e Provi, a abstención do Psoe e o voto en contra do PP, que se manifestou partidario de que a praza recuperase o aspecto que tiña antes da construcción do aparcadoiro soterrado.

O proxecto prevé a conexión da rúa Camelias a través da praza mediante tres carrís de circulación, dous en dirección centro e un en sentido Travesas. O resto da praza peonalizarase. Os carrís, que cruzarán a praza por un dos laterais, terán unha anchura de tres metros. O tratamento da superficie inclúe a peonalización dos últimos treitos das rúas Pintor Lugrís, Pintor Colmeiro e Regueiro. Por esas rúas só se permitirá o acceso de vehículos aos garaxes.
Descargar todas as imaxes