Crearase unha asociación para o deporte base promovida pola Concellería de Deportes
A Concellería de Deportes impulsa a creación dunha asociación para o deporte base na cidade, cun ente xurídico propio, que facilite as negociacións coas institucións.
Desde a Concellería de Deportes trabállase no reformado de estatutos para presentarllos ós distintos clubes e colectivos de deporte base co obxectivo de que realicen unha análise dos mesmos e fagan unha posta en común para constituírense en asociación. Convocarase proximamente unha reunión na que se lles entregará o refundido dos estatutos e, cando a asociación estea creada, o Concello retirarase da súa organización.
A Fundación Vigo Deporte, que dispón de apoio das empresas Pescanova, Citroën e Caixanova, recibiu o pertinente informe favorable e, no mes de maio, será tratada polo Pleno da Corporación.
O concelleiro de Deportes, Santiago Domínguez, sinalou a súa satisfacción polo apoio das empresas que amosaron o seu interese por constituír a marca Siareiros, que agrupa a tódolos clubes da cidade. En total, participaron 21 empresas colaboradoras e fixéronse 2.500 socios no primeiro ano de lanzamento e, aínda que non se cumpriron as expectativas en canto ó número de afeccionados inscritos, procuraranse involucrar máis na seguinte edición. Na vindeira campaña individualizarase o programa, adecuándoo a cada clube e incidirase tamén na promoción do deporte base de cada unha das entidades participantes.
En canto ós eventos deportivos, o Campionato de España de Iudo no mes de xaneiro foi unha das celebracións destacadas, xunto coa consecución da organización da Copa do Mundo de Hípica para o vindeiro ano en Vigo.
Celebrarase tamén o Campionato de España de Mountain Bike, para o que a organización contactará cos hostaleiros da cidade de cara a aloxar ás 10.000 persoas que prevén estar durante esa fin de semana en Vigo. Tamén está pendente de confirmar, por parte da Federación Galega de Remo, a acollida do Campionato de España de Traíñas, que se celebrará en agosto. O Campionato de Europa de patinaxe artística sénior, unha velada de boxeo organizada por Canal+ e o Rallye Rías Baixas son outros dos acontecementos deportivos que están en proceso de estudio para a súa celebración en Vigo.
Descargar todas as imaxes