Xuventude edita unha guía de novos grupos musicais vigueses
A Concellería de Xuventude editou unha guía de novos grupos de música vigueses froito da posta en funcionamento do local de ensaio municipal, dentro do programa ”Móvete con Vigo”, pioneiro en Galicia. A guía, denominada ”Vigo toca, música para as túas festas” principia un novo camiño de dinamización do labor dos artistas locais.
O concelleiro Santiago Domínguez expuxo que son máis de 25 grupos de mozos os que ensaian no local situado na Casa da Xuventude e outros tantos están en lista de agarda, polo que se fai necesario habilitar outro espacio. Esta guía serve para a promoción dos grupos como un instrumento de presentación que permite dar a coñecer o estilo e forma de contacto cos artistas para a súa contratación.
Editáronse 5.000 exemplares en formato cd para que poidan acompañar as maquetas dos grupos e distribuiranse en salas de música e vocalías xuvenís de asociacións.
Descargar todas as imaxes