A Concellería de Muller edita un libro sobre o Centro de Información dos Dereitos da Muller
A concelleira de Muller, Ana Gandón, presentou unha publicación sobre o ”Centro municipal de información dos dereitos da muller”, dentro da colección ”Nós mesmas”. O libro contén unha memoria anual do servicio, o programa de asistencia e os procedementos e métodos de traballo.
Ana Gandón estivo acompañada durante a presentación polo equipo de profesionais deste centro, integrado pola psicóloga Felisa Balboa, a traballadora social Alba Portabales e a avogada Ana Kowalski. A concelleira destacou que o número de visitas recibidas no centro durante o último ano foi de case 3.000, sendo o número de mulleres atendidas 1.057, das que 378 padecían problemas de violencia. Este servicio recibe tamén máis de 2.000 consultas telefónicas (986-233963).
”Trátase dun servicio imprescindible na atención ás mulleres e na loita contra a violencia de xénero mediante un apoio e asesoramento para as usuarias e un punto de referencia informativo para profesionais de diversos ámbitos”, sinalou Ana Gandón.
Dende que en outubro de 1990 foi inaugurado en Vigo o Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller son xa preto de 10.000 as mulleres que acudiron a este servicio en demanda de asesoramento. Un equipo de profesionais formado por unha avogada, unha psicóloga, unha traballadora social e unha auxiliar administrativa é o responsable da atención e asesoramento ás mulleres, promovendo unha intervención pluridisciplinar e integral, dende unha perspectiva de xénero.
O Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller é ademais a porta de entrada na Casa de Acollida Municipal de Vigo, descansando no equipo de profesionais deste servicio a atención, asistencia e apoio técnico ás mulleres alí acollidas.
Ó longo do tempo de actividade, os diferentes programas de asesoramento social, psicolóxico e xurídico foron adaptando a súa forma, ampliando os seus obxectivos e adecuando os seus contidos. Á vez que se ía marcando unha clara prioridade na intervención en violencia, puxéronse en marcha procedementos de atención que responderan máis eficazmente á problemática atendida. Deste xeito, foron conformándose dentro dos programas de atención xeral procedementos e programas específicos de intervención con mulleres que sofren violencia, tanto dende o punto de vista do asesoramento e apoio social como do asesoramento xurídico.
Na área psicolóxica, a heteroxeneidade da demanda fixo moi difícil establecer de xeito sistemático e como procedemento específico un Programa de Apoio terapéutico sistemático.
Será a aprobación en xuño do 2000 do Plan de Acción Municipal para Combater a Violencia contra as Mulleres e a posterior posta en marcha das medidas de atención á víctima nel contempladas, o elemento que posibilitará tanto a incorporación ó servicio de novos programas de atención, como a reorganización e adecuación dos recursos, tanto técnicos como humanos ó reto proposto: ademais de seguir desenvolvendo a súas funcións como servicio de información e asesoramento xeral para mulleres, consolidarse como servicio municipal de atención a mulleres víctimas de violencia, eixe fundamental da coordinación da atención á víctima dende os diferentes ámbitos institucionais cidadáns.
Na actualidade, o equipo de profesionais do Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller xestiona os seguintes programas:
- Traballadora Social do Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller: programa de asesoramento e información xeral, programa de asistencia e apoio social para mulleres con malos tratos, programa de asistencia para a integración laboral para usuarias e ex-usuarias da Casa de Acollida, Servicio de Atención á Infancia.
- Psicóloga do Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller: Programa de asistencia psicolóxica especializada para mulleres víctimas de violencia.
- Psicóloga de apoio: Programa de apoio psicolóxico xeral (coordinado pola psicóloga do Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller)
- Avogada do Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller: Programa de información e asesoramento xurídico xeral, programa de asesoramento e seguimento xurídico para mulleres víctimas de malos tratos.
- Avogada externa: Programa de asistencia xurídica para víctimas de violencia. (coordinado pola avogada Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller)
- Auxiliar administrativa: Programa de acollemento no servicio e derivación interna, programa teléfono 24 horas (en coordinación co equipo da Casa de Acollida de Mulleres Maltratadas).
Descargar todas as imaxes