Escoitar

Castrillo recibe aos alumnos vigueses premiados no ”Certame europeo do novo consumidor”

mércores, 29 mai 2002
imx1477.jpg
Recepción
O alcalde, Lois Castrillo, e a concelleira de Educación, Ana Gandón, recibiron aos alumnos do centro de ensino ”Seis do Nadal” que gañaron un premio no ”Certame europeo do novo consumidor” para o que desenvolveron unha campaña divulgativa sobre o euro.

Este certame ten como obxectivo introducir a educación dos consumidores nos centros escolares, facilitando e apoiando a súa inclusión nos proxectos educativos. Trátase de que alumnos e profesores realicen conxuntamente traballos sobre temas relacionados co consumo, da forma máis creativa posible. Deste xeito, preténdese motivar os rapaces para que actúen como divulgadores e ”pedagogos” expoñendo a súa experiencia a otros grupos, compañeiros do seu propio centro escolar ou doutros.

O concurso desta edición, que se desenvolve nos 15 países membros da Unión Europea, ten como obxectivo concienciar os rapaces da importancia da entrada en vigor da nova moneda, o euro, e asemade que eles mesmos exerzan como divulgadores das mensaxes desta campaña educativa.

Baixo o lema ”Pensar en euros”, a Comisión Europea puxo en marcha este certame que invita a rapaces e formadores a participar, como testemuñas privilexiadas, deste importante cambio histórico.
Descargar todas as imaxes