Rematado o proceso formativo, os traballadores do Promil reciben os seus diplomas

Os 54 traballadores do Promil recibiron os diplomas acreditativos da formación recibida dentro dun programa impartido polo Fondo de Promoción do Emprego-Fondo Formación. O acto de entrega estivo presidido polo concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego, Delfín Fernández, e polo responsable de Formación Continua de Galicia Sur, Juan Carlos Balsa.
A parte de recibir o curso do nivel básico de “Prevención de riscos laborais”, as especialidades impartidas neste proceso formativo, despois de detecta-las necesidades reais dos contratados, foron “Albanelería”, “Xardinería”, “Electricidade”, “Carpintería” e “Cantería”. No caso dos xefes de equipo e dos encargados, a súa formación foi un curso especializado para mandos intermedios.
Con estes cursos, que se desenvolveron en instalacións da empresa de formación, os peóns e oficiais mellorarán o seu nivel de ocupabilidade, de cara á súa reincorporación ó mercado laboral despois de participar durante 12 meses no PROMIL.
O Promil representa unha das principais referencias do Plan Municipal de Emprego, constituíndo unha nova ferramenta de apoio á inserción laboral dos desempregados de longa duración, e sendo unha experiencia pioneira na Comunidade Autónoma Galega. Estas contratacións regúlanse polo convenio colectivo do Plan Municipal de Emprego, que é un instrumento básico á hora de desenvolve-los plans e programas municipais de fomento de emprego.
A necesidade social foi determinante á hora do proceso de selección destas brigadas, ás que se presentaron máis de setecentas solicitudes na súa convocatoria deste ano 2002, valorándose, entre outros, o nivel de renda por unidade familiar, a antigüidade no desemprego e as cargas familiares.
Descargar todas as imaxes