Intervención da Plataforma pola Defensa da Ría de Vigo ”Cíes”
O voceiro da Plataforma pola Defensa da Ría de Vigo ”Cíes” Manuel Enrique Garci interviu na sesión para solicitar do pleno, como organismo representativo da sociedade viguesa, que poña os medios para realizar unha planificación dos usos da ría que respecte as preferencias da poboación viguesa e que equilibre usos industriais con usos recreativos e conservación.
Intervención en defensa da ría
Asisto hoxe a este pleno municipal en representación dos colectivos que integramos a Plataforma pola Defensa da Ría de Vigo ”Cíes” para expoñer ante os grupos parlamentarios municipais os nosos argumentos en defensa do noso principal recurso, a Ría, e as razóns polas que consideramos que estamos ante unha situación preocupante que pode estar poñendo en perigo a súa subsistencia e esquecendo que é a sociedade a que debe opinar sobre a cidade que desexa.
Ultimamente fálase en prensa do proxecto de aterramento para o muelle de O Areal pero existen proxectos similares que pretenden continuar coa invasión do litoral en Domaio, en Moaña, en Canido, en Bouzas, na Lagoa, na Cacharela, en Chapela, en Punta Soutelo, en San Adrián de Cobres, etc. Estes proxectos cambian a configuración do litoral, destrúen as comunidaes biolóxicas, e non menos importante, están alonxando a poboación do disfrute dese medio mariño único, que é a ría, a costa da privatizala.
Así, un exemplo de actuación perxudicial dende o punto de vista ambiental e social é o proxecto de recheo que a Autoridade Portuaria de Vigo proxecta para O Areal. Este proxecto implica un dos maiores aterramentos realizados na ría, 208.000 m2 , que a autoridade portuaria defendou con argumentos contradictorios e algúns manifestamente falsos, como ven sendo habitual neste tipo de proxectos.
1. Xustificación do proxecto con base no Plan Especial de Ordeación do Porto. En primeiro lugar, a Autoridade Portuaria xustifica este proxecto con base ó Plan Especial de Ordeación do Porto. Neste sentido, sentencias do Tribunal Supremo e do Tribunal Constitucional, impiden que o Concello de Vigo poida autorizar ningunha intervención sobre a superficie de auga do litoral, pois están fóra da súa competencia urbanística ó carecer da consideración de termo municipal.
2. Necesidade de liña de atraque. En comparación coa situación actual e de acordo co proxecto oficial, crearíase unha liña de atraque de aproximadamente 960 metros. Significarán a perda dun 38% da mesma. Consideramos, por tanto, que non pode ser en realidade a liña de atraque o obxectivo do proxecto, pois supón unha perda neta considerable.
3. Necesidade de calado superior a 15 metros. A Autoridade Portuaria afirma que, exceptuando o muelle de Guixar, no resto dos muelles dispón de 6 ou 7 metros de calado, insuficientes para grandes buques de carga, que precisan de 10 a 12 metros. Neste sentido, a propia Memoria Anual do Porto (2000) especifica que no Muelle Transversal, hai 11 metros de calado en primeira alineación, apenas un menos dos que se pretende acadar co novo recheo. Polo tanto, preguntámonos ¿é necesario rechear máis de 200.000 m2 de ría para acadar, como máximo, un metro de calado adicional?
4. Necesidade de superficie de maniobra e almacenamento. Un dos obxectivos que xustifica a realización do aterramento, según a documentación oficial, é a necesidade de ”zona de maniobra y almacenamiento” fundamentalmente para contenedores e granito.
En relación a este argumento, o Plan Especial de Ordenación do Porto e a Lei de Costas, establece a esixencia de presentar un estudio pormenorizado sobre a utilización de concesións e de solares desocupados ou infrautilizados na zona portuaria, de forma previa a calquera proxecto que implique unha nova invasión da superficie mariña. A día de hoxe este informe aínda non foi entregado, co cal a necesidade de espacio non ten sido demostrada. Ademáis, en terreos da Autoridade Portuaria se incumple sistemática mente a Lei de Costas pois existen empresas alleas á actividade do porto, como almacéns de construcción, conserveiras ou distribuidoras, que deberían estar ubicadas en polígonos industriais.
O verdadeiro obxectivo do recheo é conseguir máis espazo, porque a maior superficie, máis ingresos.
5. Infravaloración do impacto sobre as actividades ea riqueza ecolóxica da zona. No proxecto presentado pola Autoridade Portuaria afírmase que na zona na que se realizará o recheo non existe actividade pesqueira ou marisqueira algunha. A mesma memoria do proxecto recoñece que haberá efectos hasta nun radio de 5 km arredor da zona de recheo, ademáis de que existe un sector de importancia pesqueira-marisqueira nesa área. Según datos do Instituto de Investigacións Mariñas, os recursos pesqueiros e marisqueiros da ría xeneran uns 7000 empregos directos, sostendo 740 barcos de pesca e 511 bateas de 500 m2 de cultivo en total.
Según informes do Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC) e o Instituto Español de Oceanografía (IEO), as consecuencias ecolóxicas alcanzarán toda a Ría producindo unha merma da biodiversidade da mesma debido á perda de hábitat e alteración da dinámica litoral, de maneira irreversible. Ademais os fondos lamacentos deste área posúen moi altas concentracións de contaminantes. Potentísimos disrruptores endocrinos, xa introducidos na cadea trófica mariña, e polo tanto na human, que requirirían a sua inertización antes da sua reutilización na mesma obra, tal y como se propón no proxecto da Autoridade Portuaria. Xa no área de Guixar e A Guía se teñen detectado patoloxías tumorales en mexilóns silvestres cunha importante carga contaminante procedente da actividad industrial tercermundista que se desenrrola nesta zona, según datos do ”Observatorio Medioambiental de la Ría de Vigo”. En ningún momento se realiza unha cuantificación das capturas de peixes e mariscos que se verán afectados polas obras do dragado e do recheo, simplificando esta cuestión coa afirmación de que ”non son relevantes”. Desprecian a Ría como un ecosistema mariño dos mais productivos e mais rendibles ecolóxica e economicamente. Sendo a mesma unha peza fundamental dentro do ecosistema mariño do Mar de Galicia.
6. Sobrevaloración do peso do sector industrial sobre o emprego. Sen despreciar a importancia que o porto ten e tivo no desenvolvemento da cidade, queremos evitar que se menosprecie a importancia do sector turístico e extractivo.
Así, a Encuesta de Población Activa correspondiente ó ano 2000, revela que o sector servicios emprega ó doble de persoas que o industrial e de construcción na ciudade de Vigo. Se incluimos a área de influencia de Vigo, é decir, os municipios de Baiona, Nigrán, Gondomar, Cangas, Moaña, Mos, Porriño, Redondela, Fornelos, Salceda, Salvaterra e Soutomaior, o balance favorece aínda máis ó sector terciario. Este sector terciario (no que se inclúe o turismo) x unto co primario ou extractivo (no que se inclúe a pesca e o marisqueo), case triplican a o sector industrial e de construcción.
7. Argumentos contradictorios con outros proxectos de conservación para a mesma zona. Actualmente obsérvanse diferentes intereses, algúns deles contradictorios entre si, respecto á Ría de Vigo. Así, por un lado a Autoridade Portuaria promove invasións do litoral e recheos continuos, mentras as Administracións Públicas recoñecen expresamente a riqueza ecolóxica e o potencial paisaxístico deste especial ecosistema e promoven figuras e plans de conservación.
O recheo de O Areal, contradice tamén directrices do Ministerio de Medio Ambiente, recollidas no documento ”La estrategia para la conservación de la biodiversidad en España”, que recoñece ás rías galegas como de especial interés na UE3. Tamén contradice normas da X unta de Galicia, pois na súa pro posta para a Rede Natura 2000 inclúe cinco espacios naturais da Ría de Vigo: a Enseada de San simón, a Costa da Vela, as illas Estelas, a Foz do Miñor e as illas Cíes (este último en trámite de integrar o futuro Parque Nacional das lilas Atlánticas), que se verían afectados con igual intensidade polo desenrolo dos distintos proxectos portuarios previstos.
8. Arqueoloxía. Os informes arqueolóxicos inciden na carencia dun estudio sobre xacementos históricos, fundamentalmente arqueolóxicos, na zona a rechear I o que vai en contra da Lei de Portos do estado ya Mariña Mercante que obliga a facer un estudio de evaluación sobre a localización de restos arqueolóxicos.
Dende o punto de vista arqueolóxico e histórico a zona de 0 Areal constitúe un dos lugares máis emblemáticos da cidade. Na época romana era un importante punto de recepción de mercancías. A antiga Enseada do Areal constituía unha zona de fondeadeiro de barcos mercantes que co tempo chegou a ser un porto estable. Polo tanto atopámonos na zona onde se ubicaría o xérmolo portuario da cidade de Vigo.
9. A modo de conclusión.
Por todo o anterior, o proxecto de recheo de O Areal, así como outros que se pretenden realizar sobre a ría de Vigo, carece de xustificación. A día de hoxe aínda non se coñece con seguridade a superficie a rechear: tampoco a forma de realización do mesmo, en caixoneira ou sobre pilotes: tampoco existe coherencia en canto ós argumentos para xustificar a súa necesidade e non se presentou o informe sobre o uso actual das instalacións portuarias, imprescindible para seguir gañando espacio ó mar ou a zonas públicas.
10. Damos as seguintes alternativas
Os dragados. En portos como os de Santander ou Valencia, cando as súas dársenas perden calado, optan polo dragado, porque é ”más rápido, barato y no es una obra traumática” (según fontes de Costas do Estado).
Outras zonas do porto. Apuntamos como solución, que no novo recheo do Berbés con só transformar unha escolleira en muelle obteríase moito máis calado e con menor impacto ambiental. Supondría disponer de un peirao de 750 metros de longo e mais de vinte metros de calado na sua parte norte. A reordenación de espacios portuarios implica optimizar o uso actual do espacio, trasladando empresas non relacionadas co porto e reducindo almacéns infrautilizados.
0 ”Porto Seco” de Salvaterra de Miño, promovido polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (Xunta de Galicia), a Autoridade Portuaria e a Zona Franca, como zona loxística para cubrir as necesidades de expansión do porto e a ubicación de empresas que non estén directamente relacionadas con él e só o necesiten para embarcar mercancía.
Ademais de alixeirar a presión sobre o litoral e permitir recuperar zonas para uso público, tamén permite o desenvolvemento económico en todo o ámbito da Mancomunidade Intermunicipal de Vigo.
11. Só unha gota no medio dunha ría de proxectos.
Pero o grave desta situación é que o proxecto do Areal só é unha gota nun mar de proxectos que promove a Autoridade Portuaria que implican aterramentos, espigóns, e portos deportivos, e que destrúen o principal recurso de Vigo, a súa ría, a cambio de enriquecer a uns poucos.
Consideramos que a autoridade portuaria debería buscar un maior consenso coa sociedade. Polo tanto, solicitamos do pleno do Concello de Vigo, como organismo representativo da sociedade viguesa, democráticamente elexido, que poña os medios para realizar unha planificación dos usos da ría que respete as preferencias da poboación viguesa e que equilibre usos industriais con usos recreativos e conservación.
Solicitamos tamén que ante calquera proxecto que implique unha intervención irreversible sobre o litotral, este Pleno acorde esixir da autoridade portuaria de Vigo que conte coa aprobación unánime do mesmo, como máximo exponente da opinión social.
MÁIS INFORMACIÓN
Descargar todas as imaxes