As análises volven demostrar que tódalas praias de Vigo se encontran en condicións óptimas para o baño
Tódalas zonas de baño viguesas encóntranse en condicións óptimas segundo se desprende dos resultados das últimas mostraxes realizadas o pasado 20 de maio polo laboratorio municipal. As análises efectuadas volveron dar bos resultados nas praias de Carril, Santa Baia e A Mourisca, en Alcabre, e tamén na praia da Foz, situada na embocadura do río Lagares.
O día no que se efecturaron as análises, a temperatura das augas era de 17 graos en Samil e no Vao, 18º en Canido, 16º en Alcabre e 15º nas praias da Guía.
O día no que se efecturaron as análises, a temperatura das augas era de 17 graos en Samil e no Vao, 18º en Canido, 16º en Alcabre e 15º nas praias da Guía.