Discurso do alcalde na inauguración do Salón Náutico
Cando esta mañá asomaron pola bocana da ría os catro paos do buque insignia da armada española lembrei fotos doutros tempos nos que as augas do noso porto acubillaban grandes veleiros e barcos de vapor que realizaban travesías transoceánicas. O mar era, e en gran medida segue sendo, o recurso fundamental no que se apoiou o crecemento económico da nosa bisbarra.
Outrora a pesca, a construcción naval e o comercio marítimo eran a base da actividade económica de Vigo. Foron os sectores que fixeron posible o desenvolvemento desta cidade e a súa transformación no conglomerado urbano máis grande de Galicia e no seu maior centro industrial e comercial. Hoxe, outras actividades relacionadas directamente co mundo do mar están a gañar protagonismo abrindo expectativas novas e reforzando a xa sólida vocación marítima da cidade. Unha desas actividades é o turismo náutico.
Os que coñecemos Vigo e a súa ría sabemos ben das súas magníficas condicións naturais para ofrecer abrigo a embarcacións de todo tipo e tamén para practicar deportes náuticos. Nas nosas augas desenvólvense dende hai anos probas cunha arraigada tradición como as regatas de traíñas ou as competicións de vela que organizan clubes de prestixio como o Náutico de Vigo ou o Monterreal de Baiona.
Ten Vigo tamén unha ben gañada sona como sede dunha cualificada industria naval. A mestría daqueles carpinteiros de ribeira que esculpían dornas e gamelas deixou un pouso do que xurdiron modernos estaleiros onde hoxe se constrúen embarcacións de todo tipo. Delas temos neste Salón boas mostras que acreditan a capacidade tecnolóxica da industria naval viguesa.
Tendo Vigo tan arraigada tradición mariñeira e sendo a mellor plataforma comercial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, era lóxico que albergara un Salón das características do que hoxe imos inaugurar. Un Salón con presencia de expositores de varios países, que reune todas as novidades en embarcacións de cruceiro e de vela lixeira e máis en complementos náuticos. Un Salón que, ademais, será realzado este ano pola presencia da Armada española, á que hai que agradecer que contribúa co seu apoio á proxección do certame e, por conseguinte, da nosa cidade.
Vigo ábrese paso como unha emerxente metrópole atlántica. A nosa é unha cidade que tivo no mar o seu berce, que medrou alimentándose del e que quere no futuro seguir desenvolvéndose de cara á ría, aproveitando os seus recursos e gozando da súa beleza. Vigo convive co mar e quere facelo aínda máis, facilitando aos cidadáns que se acheguen á beira da ría a través de procesos de recuperacion do litoral e explorando recursos en auxe como o turismo e os deportes náuticos. É por iso que este Salón é un certame con futuro, que define a vocación mariñeira de Vigo e que nos sitúa como un referente internacional tamén no eido da náutica.
Noraboa aos organizadores por ter sabido recoller o espírito mariñeiro da cidade, por comprender que a náutica é un sector con inmellorables perspectivas e por unir ámbolos factores para artellar unha exposición que vai camiño de se consolidar como unha das máis importantes de Europa neste ámbito.
Este evento, ademais do seu valor como expoñente do potencial de Vigo, ten a virtualidade de ser un interesante elemento dinamizador de diversos sectores económicos da nosa cidade. É por iso que hoxe, na súa inauguración, manifesto o meu desexo de que o Salón se afiance converténdose nunha das bandeiras do calendario feiral do Ifevi.
Descargar todas as imaxes