O Concello contrata un crédito para financiar a creación de novas infraestructuras
O alcalde, Lois Castrillo, asinou un contrato de préstamo co director xeral de Caixa Galicia, José Luis Méndez, por 16.235.456 euros (2.700 millóns de pesetas) destinados a financiar o investimento previsto na realización de obras de humanización e infraestructuras culturais e deportivas para o desenvolvemento da cidade.
”O volume de proxectos xenerados polo Concello de Vigo nos últimos anos é o máis importante dos realizados na historia democrática da cidade”, explicou o alcalde. Castrillo afirmou tamén que este crédito dispón das mellores condicións de financiación dadas por unha entidade financeira a este Concello, co que Caixa Galicia demostrou a súa sensibilidade para financiar proxectos públicos de gran valía para a cidade.
Caixa Galicia gañou o concurso convocado polo Concello ofertando unha mellora consistente na supresión da marxe, polo tanto, o tipo aplicable será o Euribor (marxe de 0 puntos). Ademais, o tipo de interese non poderá superar o 6,50 por 100, sen custo adicional e sen admisión de chan. O Concello de Vigo obrígase a devolver o capital mediante dez cotas anuais consecutivas.
Descargar todas as imaxes