O Concello asina un convenio con Caixanova para subvencionar actividades de terceira idade, discapacitados e antiviolencia
A concelleira de Benestar Social, Belén Sío, asinou un convenio co director xeral de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, polo que a entidade financeira se compromete a subvencionar con 60.101,21 euros (10.000.000 pesetas) actividades que o Concello de Vigo realice nas áreas da terceira idade, discapacitados e no tema da violencia como complemento á intervención con menores.
Terceira idade
As consecuencias do envellecemento da poboación constitúen un reto de futuro inmediato para a nosa cidade. Pese ó crecente incremento das accións de protección ós maiores, debe mellorarse a abordaxe das oportunidades e os problemas asociados ó proceso do envellecemento poboacional por parte da sociedade en xeral e, en especial, da administración.
En Vigo cóntase cunha poboación de 46.686 persoas maiores de 65 anos, das que unha considerable maioría son mulleres. Desta poboación en continuo aumento, tan só o 10% son maiores dependentes, (con necesidade de axuda integral): o restante 90% ou ben non necesita ningún tipo de apoio asistencial ou necesítao temporal e esporadicamente.
Por todo isto, as actuacións dirixidas a este sector de poboación han de estar incluídas nun abano moi amplo que abarque desde accións asistenciais ata actuacións de ocio e apoio social que eviten o deterioro –físico, psicolóxico e social- e manteñan á persoa maior coa máxima calidade de vida no seu entorno habitual de vida.
O desenvolvemento e posta en marcha efectiva de actuacións dirixidas a mellora-la calidade de vida das persoas maiores é o obxectivo dunha acción programada pola Concellería de Benestar Social, que inclúe complementar actividades previstas: talleres de teatro, apoio á publicación de guías... accións ás que Caixanova desexa sumarse cunha achega de 12.020,24 euros (2.000.000 pesetas).
Discapacitados
Campaña de sensibilización sobre accesibilidade
A accesibilidade debe ser contemplada como un ben común para tódolos cidadáns. Conseguila é unha tarefa complexa, para o que é necesario tempo e esforzo, a través dun proceso no que teñen que participar tódolos membros da sociedade que, segundo os roles que desempeñan asumen diferentes grados de responsabilidades.
Os obxectivos desta campaña son implica-la sociedade na consecución da accesibilidade, facendo conscientes ós cidadáns da necesidade e importancia da súa participación, conseguir que os cidadáns respecten as medidas establecidas (non aparcar nas zonas reservadas, non aparcar nos rebaixes...) e potenciar dende o Concello medidas contundentes ó incremento da accesibilidade na cidade.
O proceso levarase a cabo de xeito programado e permanente. Iniciaríase a principios de ano e remataríase antes do verán. Traballarase con tódolos colectivos da cidade realizando actividades concretas con participación directa dos técnicos encargados das áreas relacionadas coa accesibilidade do Concello. Utilizaranse medios persoais e técnicos das entidades implicadas.
No plan de actuación contémplanse tres fases diferenciadas. A primeira consiste en designa-lo equipo coordinador, a segunha nunha campaña publicitaria nos medios informativos e na realización de carteis e folletos e a terceira nas actividades dirixidas á poboación en xeral e a sectores específicos tendentes a informar, consegui-la colaboración e implicación. Para esta acción concreta, Caixanova aportará unha cantidade de 12.020,24 euros (2.000.000 pesetas)
Accesibilidade na praia
Continuando co labor iniciado no verán de 2001, de impulso de maneira efectiva da accesibilidade integral, contando xa naquel momento coa aportación de Caixanova de 2.000.000 pesetas, procederase á instalación do dispositivo necesario para facilita-lo acceso ó baño na praia de Samil ás persoas con mobilidade reducida a través de axudas técnicas, tal e como se realizou, con indubidable éxito o pasado ano.
Nesta actividade, a Cruz Roja Española levará a cabo a prestación do servicio no ano 2002, aportando Caixanova a cantidade 12.020,24 euros (2.000.000 pesetas) e os servicios sociais municipais a coordinación e supervisión do servicio así como a achega económica suplementaria que fose necesaria.
Violencia-menores
A Concellería de Benestar Social vén desenvolvendo unha intervención cerca dos menores onde se manifesta un problema importante coa violencia, polo que en colaboración coa “Fundación Aldaba”, organizaranse no mes de xaneiro unhas xornadas sobre o tema.
Estas xornadas complementarán a actividade de intervención que se está a desenvolver e suporán a recapitulación da fase inicial do traballo (etapa de implantación) e apuntará as conclusións dos resultados obtidos. Será tamén a proposta de futuro e continuación do programa cara a súa consolidación e, sobre todo, a publicación cara a cidadanía sobre un problema vixente e que preocupa seriamente.
Incidirase, entre outros aspectos, nas conductas adictivas como propiciadoras da violencia, a violencia no ámbito escolar e familiar... A esta actividade, Caixanova aportará unha subvención de 12.020,24 euros (2.000.000 pesetas) á entidade xestora, “Fundación Aldaba”.