A empresa Vegonsa formará a desempregados gracias a un convenio asinado coa Concellería de Emprego
O concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego, Delfín Fernández, asinou un convenio coa empresa Vegonsa Agrupación Alimentaria, S.A. para desenvolver un curso de formación ocupacional de “Dependente polivalente da distribución alimentaria”.
O convenio ten o compromiso final de contratar o 50% dos quince participantes por un período non inferior a tres meses, sempre e cando rematen satisfactoriamente. Regulará a acción formativa que terá unha duración de 300 horas lectivas, incluídas as prácticas, e que supón un custo de 17.442 €.
Os beneficiarios deste curso, que se leva a cabo no marco do “I Plan formativo 2002”, seleccionaranse entre as persoas desempregadas entrevistadas polos técnicos do Servicio de orientación laboral do Concello, que teñan dentro do seu itinerario formativo a necesidade de realizar cursos de formación para mellora-las súas condicións de ocupabilidade.
Este é o segundo convenio de formación que se asina dentro do Plan Municipal de Emprego coa empresa Vengonsa, xa que o ano pasado 2001 tamén se levou a cabo unha acción formativa que acadou unha inserción laboral na devandita empresa do 80%. Este ano 2002 preténdese continuar nesa liña da experiencia exitosa obtida na execución de proxectos municipais acollidos ás Iniciativas Comunitarias de Emprego, así como do Plan formativo do ano 2001 no que se beneficiaron 114 desempregados.
Nesta formación ocupacional destaca a aprendizaxe activa que se leva a cabo dentro do ámbito productivo real, a empresa, onde os alumnos observan e desempeñan as actividades e funcións propias dos distintos postos de traballo.
Descargar todas as imaxes