O Concello construirá unha pista polideportiva en Fragoso
A Comisión de Goberno adxudicou á empresa Obras y Construcciones Dios S.A. o contrato para construír unha pista polideportiva no Val do Fragoso. Desta maneira avánzase co Plan de Dotacións de Infraestructuras Deportivas nos barrios posto en marcha pola Concellería de Deportes. Neste mandato creáronse instalacións semellantes en Teis, Saians e Cabral entroutros lugares.
A nova instalación deportiva estará ubicada en terreos municipais situados a carón da Asociación de Veciños de Fragoso, fronte ao estadio de Balaídos. A pista terá unhas dimensións de 14x25 m., será sintética e nela poderanse practicar diversos deportes (futbol sala, baloncesto, balonman, tenis…) O presuposto de execución da obra é de 69.657 euros.