Aberta a convocatoria de subvencións para a realización de eventos deportivos
A concellería de Deportes convoca subvencións para as entidades deportivas pola organización de eventos deportivos que se celebren durante este ano. Os interesados poderán facer a súa solicitude ata o 30 de outubro do 2002.
As bases da convocatoria establecen que as mesmas teñen como obxecto a subvención de eventos e actividades deportivas organizadas polas entidades deportivas que teñan o seu enderezo social en Vigo, agás as federacións deportivas de ámbito galego. As entidades solicitantes non terán carácter profesional.As bases desta convocatoria e os impresos de solicitude están a disposición dos interesados nas oficinas da Concellería de Deportes.
Poderán solicitar subvencións o abeiro destas bases as entidades deportivas que organicen algún evento ou actividade que cumpran os requisitos que establece esta convocatoria, aínda que se desenvolvan con data anterior á da convocatoria. As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Vigo (Praza do Rei, /sn).
Quedan excluídas da convocatoria as entidades deportivas que teñan carácter profesional, os eventos deportivos que se desenvolvan tódolos anos e que na súa organización participa ou asesora a Concellería de Deportes.