Escoitar

Renovación do alumeado na zona do Gorxal, en Cabral

mércores, 29 mai 2002
A Concellería de Servicios Electromecánicos inviste 18.072 euros (3 millóns de pesetas) en corrixir as deficiencias estructurais do alumeado no Gorxal, en Cabral, nunha zona de vivendas sindicais.

Coincidindo coa actuación da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda que está a remozar as fachadas e cubertas das vivendas, o Concello procede á modernización da iluminación na zona.

O concelleiro de Servicios Electromecánicos, Henrique Vieitez, destacou a necesidade de actuar nestes núcleos de poboación onde existe unha grande densidade de residentes e, nomeadamente, cunha renda baixa, logrando unha mellora do entorno e creando as condicións necesarias para ofrecerlles unha mellor calidade de vida aos habitantes, neste caso do Gorxal, ao mesmo tempo que se sitúan ao mesmo nivel de prestación de servicios que existen noutros lugares da cidade.