Escoitar

Axardinamento da redonda na confluencia do primeiro cinto coa avenida de Europa

xoves, 30 mai 2002
imx1483.jpg
Plantación na redonda
Parques e Xardíns rematou o axardinamento da redonda situada na avenida de Europa, na súa confluencia co primeiro cinto. O concelleiro Henrique Vieitez destacou que ”se acadadaron uns efectos estéticos e paisaxísticos excelentes, poñendo en valor unha zona de referencia transitada por gran cantidade de persoas”.

A idea do axardinamento baséase na utilización de especies xerófilas, con gallo de minimizar os custos de mantemento da mesma, para o que se empregaron manchas de grava como elemento ornamental e de cobertura, coa distribución do tapizado arbustivo a xeito de manchas con grupos de cotoneaster, romero, juniperus e lavandas.

A superficie total de actuación é de 700 m2. Sendo o custo total da obra de axardiñamento de 291.175 Euros (1.750.000 pts)

Descargar todas as imaxes