Escoitar

Lílian Álvarez entrega a placa da Cidade de Vigo ó capitán do cruceiro ”Constellation”

xoves, 30 mai 2002
imx1487.jpg
Chegada do trasatlántico
A concelleira de Turismo, Lílian Alvarez, entregou unha placa da Cidade de Vigo ó capitán do cruceiro ”Constellation”, Antonios Vourtsis, con motivo da escala inaugural no Porto de Vigo.

Ó acto asistiron, ademais da concelleira, o presidente do Parlamento Galego José María García Leira, o xefe da Autoridade Portuaria, Julio Pedrosa, o comandante da Mariña de Vigo, Tomás Nodar, e o consignatario Alberto Durán, entre outras personalidades.

O ”Constellation”, bautizado en Barcelona o pasado 4 de maio, é propiedade da Compañía Celebrity Cruises. Este buque, que arrivou esta mañá no porto vigués, ten unha eslora de 292 metros, 32 de manga, un peso de 91.000 toneladas, dispón de 975 camarotes e unha tripulación de preto dun milleiro de persoas.
Descargar todas as imaxes