Escoitar

O Concello inicia os traballos previos á ocupación de terrenos para a Cidade da Xustiza

Á solicitude da Xerencia emitiuse informe sobre a área de planeamento APR A-3-14 Chouzo, na que se persigue a creación dunha praza que poda acoller a "ubicación de novos equipamentos do que se deu en chamar a Cidade da Xustiza". O informe municipal contempla varias fórmulas para a obtención de terreos coma por ocupación directa, por permuta forzosa, por convenio urbanístico ou mediante expropiación forzosa.

xoves, 29 abr 2010
1272544707urbanismo.jpg
A Xerencia de Urbanismo aprobou este xoves o proceso para iniciar a ocupación de terreos para a Cidade da Xustiza. O informe emitido ao respecto sobre a area de planeamento APR A-3-14 Chouzo, apunta que entre os seus obxectivos figura a creación dunha praza que acolla os novos equipamentos da Cidade da Xustiza. A ficha correspondente á citada área prevé como pública a iniciativa de xestión, a realizar polo sistema de compensación no primeiro cuadrienio das etapas do plan xeral vixente. Así mesmo o ámbito xa conta con ordenación detallada incorporada polo que evítase a fase de planeamento.

A área de ordenación detallada do APR A-3-14 Chouzo ten por obxectivo fundamental incorporar e ordenar este solo urbano non consolidado con asentamentos espallados e anárquicos que imposibilitan a continuidade da trama urbana colindante, procurando a obtención de espazos públicos e equipamentos comunitarios-dotacionais como actuación estratéxica para a obtención dun sistema xeral de equipamento supramunicipal.

Tamén recolle o informe que se tivo en conta para a ordenación do ámbito a necesidade de estruturar o mesmo mediante un viario leste-oeste intermedio e paralelo á Avda de Castelao e rúa Tomas A. Alonso completado con viarios transversais. Nesta ordenación, se prevé a creación dunha gran praza con fronte á rúa Lalín que acolla a futura disposición de novos equipamentos de administracións extramunicipais para acoller a Cidade da Xustiza.

Obtención dos terreos
En canto á obtención dos sistemas xerais e locais previstos, e tendo en conta o sistema de actuación previsto, o artigo 154º da LOUGA determina que os propietarios achegan os terreos de cesión obrigatoria e realizan á súa custa a urbanización nos termos e condicións que se determinen no plan, constituíndose en xunta de compensación.

O informe municipal contempla varias fórmulas coma son a execución por convenio urbanístico, debendo incluirse entre as súas cláusulas as previsións necesarias para compensar aos propietarios, por ocupación directa, por permuta forzosa ou mediante expropiación forzosa.
Descargar todas as imaxes