O Imaxina Sons, que se celebrará do 23 de xuño ao 4 de xullo, integra o Auditorio Municipal na programación
O concelleiro de Cultura, Xesus López, presentou este xoves o festival de jazz Imaxina Sons, que se celebrará do 23 de xuño ao 4 de xullo en diversos espazos da cidade, como o recén reformado Auditorio Municipal. O nacionalista salientou que nesta sexta edición o festival "non se pon límites" e aínda que se centra no jazz europeo tamén fai incursións no jazz latinoamericano.
"O Imaxina Sons coloca a nosa cidade no mapa dos grandes eventos jazzísticos do Estado", destacou Xesus López, na presentación do festival, no que tamén participou o seu director artístico, Baldo Martínez, e a representante de Caixanova, María Pereira. Segundo o edil do BNG, o festival conta cunha programación de "altísima calidade", da que destacou o concerto inaugural, que será a cargo do pianista Martial Solal, o mércores 23 de xuño no Centro Cultural Caixanova.
O concelleiro de Cultura afirmou que, como en edicións anteriores, o jazz que se fai en Galiza tamén "ten cabida especial". Ao respecto asegurou que "hai que tratalo como se merece, sen complexos e en pé de igualdade co jazz do resto de Europa". Neste sentido destacou a actuación de Tri-Ez, na que participará o propio Baldo Martínez.
Xesus López sinalou que haberá concertos gratuítos, como os que terán lugar no auditorio "Martín Códax" do Conservatorio Superior de Música, de entrada libre ata completar aforo, e na Praza da Constitución. Respecto aos de pago, no Centro Cultural Caixanova, Marco e Auditorio Municipal, salientou que "por prezos módicos se poderá asistir a unha programación de luxo".
Respecto á venda de entradas, Xesus López sinalou que se poderán mercar a través de www.caixanova.es ou 902 504 500. Explicou que se poñerán á venda entradas de xeito individual o 1 de xuño, pero que tamén haberá abonos para os tres concertos do Centro Cultural Caixanova e para os concertos de MARCO e o Auditorio Municipal, que se porán á venda o 5 de maio.
Xesus López, expresou os seus parabéns a Baldo Martínez, "por crer que Vigo era o lugar axeitado para poñer en marcha o festival", así como ao equipo da Concellería de Cultura, "pola súa adicación". Asemade, agradeceu a Caixanova a súa "aposta polo festival".
O director artístico do Imaxina Sons deu conta da programación que se desenvolverá do 23 de xuño ao 4 de xullo e que se pode consultar en www.imaxinasons.com. Entre eles destacou o espectáculo adicado ás familias, que terá lugar o 24 de xuño no Auditorio Municipal, e o concerto de clausura, no que actuará Dave Douglas Quintet, no Centro Cultural Caixanova ás 22 horas. Pola súa banda, María Pereira destacou a importancia de dinamizar a cidade con iniciativas deste tipo e salientou que nos seis anos de historia do Imaxina Sons teñen pasado figuras de gran renome.
Descargar todas as imaxes