mércores, 28 abr 2010
O tenente de alcalde e concelleiro de Cascos Históricos, Santi Domínguez, presentou este mércores o proxecto de transporte público para o Casco Vello, xunto ao concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez. O nacionalista anunciou que antes de finais de ano comezará a funcionar un microbús eléctrico como proba piloto durante seis meses. Destacou que é un "paso importante" na mellora da mobilidade do barrio e para ofrecer unha mellor calidade de vida, xa que resolve problemas de accesibilidade, circulación e transporte.
mércores, 28 abr 2010
Abel Caballero inaugurou hoxe mércores a humanización do tramo de Sanjurjo Badía entre Pedro Alvarado e Buenos Aires, que culmina coa mellora de toda a rúa, na que investíuse 4 millóns de euros. O alcalde asegurou que, en Teis, humanizarase tamén o inicio da Avenida de Galicia, o paseo da ETEA e arreglarase a fábrica de conservas Garavilla. Ademais, Caballero avanzou que o paseo da Guía está "a punto de ser terminado" e este ano reforestarase a ladeira con especies autóctonas.
mércores, 28 abr 2010
O alcalde informou hoxe mércores de que a Xunta de Goberno Local deu luz verde ás adxudicacións provisionais dos traballos de humanización de Tomás Alonso -ata a Curva de San Gregorio-, Bolivia, Padre don Rúa e de López Mora -entre Pi y Margall e José Frau-. Caballero avanzou que as melloras iniciaranse a mediados de maio e finalizaranse en seis meses. "En próximos días" adxudicaranse as actuacións restantes financiadas polo Goberno de España, asegurou o socialista.
mércores, 28 abr 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, mantiveron hoxe unha xuntanza con membros dos equipos directivos e Anpas dos centros de ensino da zona do Calvario para presentarlles o programa municipal de prevención de condutas de risco dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos. No encontro, os nacionalistas convidaron aos representantes da comunidade escolar desta área de Vigo a participar no proxecto, dado o alto éxito acadado polo programa que xa se está a desenvolver no barrio de Teis.
mércores, 28 abr 2010
O alcalde de Vigo explicou hoxe que a recén creada oficina encargarase de desenvolver este planeamento no que se prevé a construcción de 6.000 vivendas de protección. Anunciou así que en breve se abrirán as listas, os prazos e se iniciará o proceso de edificación. A oficina tamén xestionará os planes de axudas a rehabilitación de vivendas do Goberno e sumará deste xeito novos servizos polo que encargarase da "tramitación e do exercicio de todos os ámbitos de vivenda do Concello"
mércores, 28 abr 2010
O alcalde, Abel Caballero, inaugurou este mércores unha nova mostra do ciclo Mostrarte, o programa que leva as obras de artistas vencellados coa cidade aos espazos abertos da Alcaldía de Vigo. Desta volta, é o turno do porriñés Leopoldo Varela, un dos artistas galegos máis sólidos e persoais, que plasmou en cores paisaxes vigueses tan características coma o Parque de Castrelos, O Vao, o Náutico ou o Berbés, entre outros.