Calviño anuncia a apertura ao tráfico do último tramo humanizado de Sanjurjo Badía
O concelleiro de Transporte e Mobilidade indicou que desde hoxe martes, ás 10 horas da mañá, abríuse ao tráfico con dobre sentido o tramo de Sanjurjo Badía que une a Avenida de Galicia coa rotonda de Pedro Alvarado, despois da súa humanización. En Castrelos, Calviño anunciou o cambio de sentido previsto para o vial que une a rotonda de acceso ao Pazo e a Avenida de Castrelos, que pasará a ser ascendente.
O concelleiro de Transporte e Mobilidade, Xulio Calviño, informou hoxe martes da apertura ao tráfico en dobre sentido do último tramo humanizado de Sanjurjo Badía, entre a rotonda con Pedro Alvarado e a Avenida de Galicia.
Desde este martes, ás 10 horas da mañá, permanece aberto este tramo, que será inaugurado mañá mércores. O tráfico en Sanjurjo Badía queda de dobre sentido, excepto o tramo entre a devandita rotonda e a confluencia con Purificación Saavedra, que en baixada será exclusiva para transporte público.
Castrelos
Calviño anunciou asemade que próximamente realizaranse "pequenos axustes" na reordenación do tráfico realizada fai algunhas semanas no entorno de Castrelos. Segundo indicou, o vial que une a Avenida de Castrelos e a rotonda de acceso ao Pazo Museo Quiñones de León, a través do parque, cambiará o seu sentido para ser ascendente.
A rúa Corredoira tamén cambiará de sentido, conseguindo dous accesos rodados ao Quiñones de León e unha mellora na ruta da liña 8 do VITRASA e na do autobús turístico, segundo valorou o edil socialista.
Descargar todas as imaxes