A oficina de vivenda de Vigo xestionará directamente o programa gubernamental de rehabilitación de vivendas
En Vigo a recén inaugurada oficina sumará un novo servizo como é a canalización das axudas de rehabilitación de vivendas privadas. A Federación Española de Municipios e Provincias, na que participa o alcalde de Vigo, Abel Caballero, acordou co Ministerio de Vivenda que sexan os propios concellos os que leven adiante os proxectos de rehabilitación para particulares.
Abel Caballero avanzou hoxe que a Oficina de Vivenda inaugurada recentemente no Edificio Municipal do Areal será a encargada de difundir, informar e cooperar en todo o proceso de rehabilitación de vivendas privadas. O rexidor fixo este anuncio tras participar en Madrid na reunión da Comisión Executiva da Federación Española de Municipios e Provincias.
O organismo ven de acordar co Ministerio de Vivenda que sexan os propios concellos os que xestionen de forma directa as axudas gubernamentais de rehabilitación. Cabe recordar que as axudas do Goberno Central non son exclusivas para cascos históricos senón que inclúen os procesos de adaptación, transformación, obras de mellora e reforma de todo tipo de vivendas privadas.
En Vigo todos os trámites poderán realizarse a través da recén inaugurada Oficina de Vivenda, creada hai días para ampliar, mellorar e profesionalizar o mercado de aluguer na cidade. Con este servizo, inquilinos e propietarios poden informarse das vivendas e das opcións ofertadas pola sociedade e agora súmanse as xestións do proceso de rehabilitación.
Vigo traballará así de xeito riguroso por unha nova forma de facer cidade, máis intensiva e sostible na que a rehabilitación de vivendas e edificios residenciais son pezas clave para acadar o desenvolvemento económico dos núcleos urbanos, o crecemento sostible e respectuoso co medio ambiente e o benestar dos cidadáns.
Para o rexidor socialista o acordo significa "unha moi boa noticia" para a cidade. Caballero entende que "ao no depender da Xunta teremos capacidade de facer as obras que nos demanden sin que os fondos que lle corresponden a Vigo sexan destinados a outras cidades, coma está sucedendo ata o de agora".
O alcalde lembra ademáis que en Vigo "prepárase unha nova pata do Plan Municipal de Vivenda" e incide así nas vivendas "con algún tipo de protección, o alquiler e agora súmanse as axudas de rehabilitación de vivendas privadas".
As medidas concretas do Goberno pularánse ben a través do Plan estatal de Vivenda e Rehabilitación ou ben con iniciativas coma a aplicación do tipo reducido do IVA para obras de mellora en vivendas, a deducción extraordinaria do 10% do IRPF para os contribuintes que realicen obras de mellora da accesibilidade ou da eficiencia enerxética no seu fogar.
Vigo sitúase deste xeito na senda dun modelo urbano que primará a rexeneración, con fogares e vivendas menos contaminantes e enerxéticamente máis eficientes e coma un factor determinante na sostibilidade do territorio no que se ubica.
Descargar todas as imaxes