martes, 27 abr 2010
O concelleiro de Transporte, Xulio Calviño, explicou hoxe martes que xa foron adxudicados os traballos de instalación dos novos pasos resaltados, con cargo ao "Plan Zapatero" deste ano. Instalaranse desde o 5 de maio en Matamá, Balaídos, Navia, Alcabre, no centro e na zona de Cabral, e sumaranse aos 23 xa habilitados actualmente. As obras empregarán a catro traballadores durante catro meses.
martes, 27 abr 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, presentou hoxe a 19 edición do Salón do Automóbil de Vigo, que se celebrará do 1 ao 9 de maio. O nacionalista salientou a importancia que ten a celebración deste evento, pola promoción que ofrece da cidade, pero especialmente porque é un elemento dinamizador dun dos sectores máis importantes da economía da cidade: a automoción.
martes, 27 abr 2010
O concelleiro de Participación Cidadá presentou este martes esta iniciativa cidadá, gratuita, aberta a todos e articulada en torno aos Centros Cívicos do Casco Vello, Teis, Saiáns e Coruxo. "Todo o mundo ten algo que ofertar", apuntou o edil, quen explicou que cada participante ofrece un servizo ou coñecemento durante unhas horas, que quédanlle almacenadas como crédito para cando as precise.
martes, 27 abr 2010
O concelleiro de Transporte e Mobilidade indicou que desde hoxe martes, ás 10 horas da mañá, abríuse ao tráfico con dobre sentido o tramo de Sanjurjo Badía que une a Avenida de Galicia coa rotonda de Pedro Alvarado, despois da súa humanización. En Castrelos, Calviño anunciou o cambio de sentido previsto para o vial que une a rotonda de acceso ao Pazo e a Avenida de Castrelos, que pasará a ser ascendente.
martes, 27 abr 2010
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ofrecerá un almorzo o día 4 para dar a benvida aos ministros que se reunirán na cidade durante dous días para avanzar nas novas liñas que deberán rexir a Europa Azul. Será a primeira vez na historia de Vigo que os máximos responsables da pesca comunitaria reúnense na cidade.