O alcalde e o ministro de Obras Públicas de Portugal estudarán o proxecto do AVE Oporto-Vigo-Madrid
Abel Caballero manterá próximamente unha reunión co ministro portugués de Obras Públicas para estudar o proxecto que uniría en L as cidades de Oporto, Vigo e Madrid, para que "Vigo recupere a centralidade" na Alta Velocidade ferroviaria. O alcalde amosou a súa "satisfacción" polo "compromiso firme" do ministro de Fomento co AVE directo con Madrid por Cerdedo para 2015.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este mércores que está a pechar a data dunha entrevista co ministro de Obras Públicas de Portugal para estudar o proxecto do AVE en L entre Oporto, Vigo e Madrid.
Caballero resaltou que "temos aberta a posibilidade de que Vigo recupere a centralidade" na alta velocidade ferroviaria, "unha nova dimensión" que convertiría así a Vigo en nexo de unión da saída do ferrocarril portugués ata Madrid e ata Francia. Esta opción posibilitaría unir un área de tres millóns e medio de persoas coa capital española.
O alcalde salientou que o tempo de duración da viaxe en AVE entre Oporto e Madrid, pasando por Vigo, sería de tres horas e cinco minutos; mentres que o percorrido entre a cidade olívica e a capital de España reduciríase a 2:35 minutos.
Abel Caballero amosou ademais a súa "satisfacción" pola ratificación do "compromiso firme" do ministro de Fomento, José Blanco, coa culminación do AVE directo a Madrid por Cerdedo en 2015, declaración efectuada onte martes en sede parlamentaria.
O alcalde recordou que a obra terá un custe de 2.000 millóns de euros e fará posible que "no mesmo momento" que o primeiro AVE entre a Galicia por Lubián, en Zamora, tamén chegará a Vigo.
Descargar todas as imaxes