VI Concurso de fotografía dixital Vigozoo-Caixanova
Dende o 1 de maio e ata o 13 de xuño terá lugar o VI Concurso de Fotografía Dixital Vigozoo-Caixanova, de participación online e dirixido exclusivamente a rapaces e rapazas de 2º e 3º ciclo de educación primaria. Coma nas últimas edicións, está subvencionado por CAIXANOVA e neste caso está dirixido a todos/as rapaces/as de 2º e 3º ciclo de educación primaria que realicen fotografías nas nosas instalacións durante todo este período. Anímate a participar e consigue fantásticos premios e actividades de verán no zoo gratuitas.
-BASES-
Poderán participar todos os alumnos de 2º e 3º ciclo de primaria que visiten o zoo e envíen as súas fotografías nas datas de celebración do concurso, tanto en visita escolar organizada coma en visita individual.
O tema das fotografías deberá estar relacionado con Vigozoo en calquera das súas facetas. As fotografías deberán ser inéditas e realizadas no momento da visita dentro do período de duración do concurso.
Cada participante só poderá entregar unha fotografía cunha resolución igual ou superior a 2 megapíxeles.
Haberá catro categorías independentes en función do nivel escolar dos participantes:
3º Curso de Educación Primaria.
4º Curso de Educación Primaria.
5º Curso de Educación Primaria.
6º Curso de Educación Primaria.
Haberá unicamente un premio e un accésit por categoría subvencionados por Caixanova (Valoracións orientativas):
1º Premio de cada categoría (a, b, c e d): valorado en 120 € cada un, e unha actividade gratuíta completa dun día no zoo para cada un dos premiados, dentro do programa de actividades de verán en Vigozoo (Data a elexir).
Catro accésits: valorados en 80 € cada un, para as catro segundas mellores fotografías.
A entrega da fotografía xunto coa ficha de inscrición COMPLETA realizarase dentro das datas de celebración do concurso a través da seguinte dirección de correo electrónico: educacion.vigozoo@vigo.org. Non se admitirá ningunha fotografía fora deste período.
O xurado estará composto por persoal de Vigozoo e de persoal da empresa ou empresas colaboradoras se o estiman oportuno. O xurado valorará as fotografías tendo en conta aspectos de creatividade artística, composición e orixinalidade da mesma.
Unha vez rematado o concurso, exhibiranse tódalas ou unha selección das mellores fotografías nas instalacións de Vigozoo ou na propia páxina web.
A resolución do xurado será inapelable e comunicarase na páxina web de Vigozoo, www.vigozoo.com e directamente aos premiados. Se o xurado así o estimase todos ou algúns dos premios poderían quedar desertos se a calidade das fotografías non chegan a un nivel mínimo.
A entrega de premios terá lugar o sábado 19 de xuño nas instalacións de vigozoo, data e hora pendente de confirmación. Os participantes deberán asistir cos seus pais ou titores á sesión de entrega de premios.
As fotografías quedarán en poder de Vigozoo, cedendo os participantes, titores e/ou responsables legais, tódolos dereitos de imaxe relacionados con ditas fotografías, a efectos publicitarios, divulgativos, promulgacións, etc., e aceptando como única contraprestación os premios que, eventualmente poidan obter.
Só polo feito de inscribirse e participar no concurso se entenderá que os participantes aceptan as bases do concurso.
Descargar todas as imaxes