O alcalde comparte cos xóvenes deportistas vigueses os valores da saúde e da solidariedade
No acto "Salud es deporte" as xogadoras do Real Club Celta Indepo de Baloncesto feminino e os xogadores do Octavio Pilotes Posada de balonmán, de categorías infantís e xuvenís, compartiron unha xornada marcada polo traballo en equipo e a solidariedade. A intención do acto é a de poñer de manifesto a importancia da práctica deportiva entre os xóvenes, en calquera das súas posibilidades.
![1271680541alcaldesaludeporte2.jpg 1271680541alcaldesaludeporte2.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1271680541alcaldesaludeporte2.jpg)
De feito este sábado os xogadores e xogadores dos equipos, que compiten nas máximas categorías, practicaron deporte facendo incluso intercambios, de tal xeito que os xogadores de balonmán xogaron ao balocesto e viceversa. Entre todos amosaron o bo estado de saúde no que se atopan e compartiron co rexidor local, coa concelleira socialista Isaura Abelairas e co de Deportes, Xabier Alonso, unha mañá saudable.
A actividade amparouse no prisma da necesidade da práctica deportiva nestas etapas como fundamento para unhas boas condicións, no so para o desenvolvemento físico, senón tamén para o intelectual e socioafectivo dos máis xovenes. Así o avalan multitudes de estudios que inciden na importancia da práctica de actividades deportivas para o desenvolvemento físico, psíquico e social das persoas. Ao final do acto o alcalde e a concelleira repartiron diversos agasallos aos xogadores e xogadoras.
Descargar todas as imaxes