mércores, 21 abril 2010

O alcalde e a presidenta da Sociedade Pública de Aluguer inauguran a nova Oficina de Vivenda de Vigo

Abel Caballero e a máxima responsable do organismo dependente do Ministerio de Vivenda, Nieves Huertas, inauguraron este mércores a nova Oficina de Vivenda de Vigo, ubicada no edificio municipal de Areal. Inquilinos e propietarios poderán informarse das vivendas e servizos que ofrece a Sociedade Pública de Aluguer na Oficina, que tamén atenderá á vivenda protexida que inclúe o Plan Xeral de Vigo.

No verán comenzarán as obras do edificio do Centro Galego de Fotografía

mércores, 21 abr 2010

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, presentou este mércores o proxecto arquitectónico do Centro Galego de Fotografía, xunto aos concelleiros de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, e Cultura, Xesus López. Destacou que a nova instalación cultural terá un edificio singular, que combinará contorno histórico e modernidade, e avanzou que o obxectivo e iniciar as obras no verán.

Iolanda Veloso destaca que "Un mar de viñetas" tenta potenciar a lectura en galego dun xeito atractivo

mércores, 21 abr 2010

A concelleira de Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, presentou este mércores o programa "Un mar de viñetas", dirixido a escolares e profesorado de Vigo. Na presentación, na que tamén participou o deseñador Kiko da Silva, a concelleira asegurou que o obxectivo desta iniciativa é "favorecer o achegamento dos mozos e mozas á lectura en galego dun xeito atractivo" e utilizar a banda deseñada como ferramenta didáctica.

Presentacion do libro "1325 mujeres tejiendo la paz"

mércores, 21 abr 2010

O Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo, dependente da Concellería de Igualdade, acollerá a presentación do libro "1325 mujeres tejiendo la paz" o vindeiro xoves 22 de abril ás 20,00 h. Este libro, da Fundación Cultura de Paz (CEIPAZ), está dirixido por Manuela Mesa Peinado.

O sábado comeza en Castrelos a creación dun mural xigante como parte do proxecto "Cidade de soños"

mércores, 21 abr 2010

"Pegadas e fume", a creación dun mural xigante no parque de Castrelos, como parte do proxecto artístico "Cidade de soños", comezará este sábado, 24 de abril, de 10 a 13.30 horas e de 16 a 20 horas. Segundo salienta o concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, trátase dunha iniciativa pensada para fomentar a implicación da cidadanía na creación dunha obra de arte colectiva, polo que as persoas interesadas poden inscribirse na web www.cidadedesoños.com