Escoitar

O concelleiro de Persoal resaltou a "ausencia de conflictividade" laboral no Concello e os acordos cos sindicatos

Carlos López Font amosou hoxe martes a súa "satisfacción" polo xeito en que levouse a efecto a negociación cos sindicatos do Concello na elaboración do orzamento municipal para 2010, de 257 millóns de euros. O edil subliñou o cumprimento dos compromisos adquiridos polo alcalde cos propios sindicatos, aos que agradeceu a súa "comprensión", pese ao seu "alto custe económico".

martes, 20 abr 2010
12717679981245329888font.jpg
O concelleiro de Persoal e Xestión Municipal, Carlos López Font, salientou este martes a "ausencia de conflitividade" laboral do Concello de Vigo, que permitíu chegar a acordos cos sindicatos municipais no capítulo de Persoal.

O edil socialista recordou que "históricamente" sempre houbo no consistorio vigués desencontros entre o goberno e os sindicatos, e agora -case tres anos despois da entrada do actual equipo do alcalde, Abel Caballero, e con tres orzamentos aprobados- a relación está a ser "francamente satisfactoria".

Font amosou a súa "satisfacción" polo xeito en que estanse a levar adiante as negociacións cos representantes dos traballadores do Concello -aos que agradeceu a súa "comprensión"- e resaltou o cumprimento dos compromisos adquiridos con eles polo alcalde, dun "alto custe económico", que xeraron conflitividade anteriormente e veñen recollidos no actual orzamento do Concello en 2010.

O primeiro destes foi a valoración dos postos de traballo, xa acordada co anterior goberno local, pero sen ratificar nas contas orzamentarias. O alcalde fixo propio este compromiso e incluíu nas partidas este cambio de valoración.

A segunda cuestión pendiente era a implantación en Vigo da Lei de Coordinación de Policías Locais da Xunta de Galicia, tamén comprometida polo alcalde, para dotar dunha nova estrutura orgánica e medios aos axentes de seguridade.

O terceiro compromiso cumprido foi cos Bombeiros, que viñan reclamando con anteriores gobernos rematar coa estructura retributiva "caótica" anterior e, máis específicamente, para cobrar os seus salarios cando están de baixa.

Estes tres aspectos pechan os acordos adoptados polo alcalde coa representación sindical, asegurou Font, quen puxo en valor o "esforzo orzamentario" realizado e a "comprensión" dos sindicatos no mesmo.

Patrimonio
Carlos López Font, tamén responsable do Patrimonio municipal, destacou a "realidade" do novo Auditorio Pazo de Congresos que está a ser construido en Beiramar, e que mantén a súa data de apertura para o 1 de xaneiro de 2011. O edil socialista citou a "capacidade de xestión" deste goberno local no Auditorio, e tamén nos aparcamentos en construcción na cidade.

O socialista concluíu co repaso do capítulo de Patrimonio que dirixe coa apertura do recinto da ETEA o pasado mes de febreiro de 2009, "unha das miñas maiores satisfaccións como concelleiro", asegurou Font.
Descargar todas as imaxes