Vigo avanza no proxecto da implantación do vehículo eléctrico
O alcalde acudiu hoxe a sede do Ministerio de Industria en Madrid para reunirse co Secretario de Estado de Enerxía para poñer os cimentos da implantación do proxecto no que Vigo será a cidade piloto do coche eléctrico. Abel Caballero é o primeiro alcalde que recibe o Secretario de Estado para abordar este tema.
A partir de aquí a folla de ruta pasa por elaborar un Plan Director do proxecto unha vez que a iniciativa callou tanto nas empresas que se implicarán coma no Goberno Central. De feito mañá xoves o rexidor reuniráse tamén en Madrid coa Secretaria xeral de Industria, Teresa Santero, que xa estivo en Vigo a principios de xaneiro nunha visita a factoría de PSA Peuget Citröen.
O impulso de Vigo coma cidade pioneira na producción e o uso do coche eléctrico parte da iniciativa do alcalde socialista, quen este mes de marzo deu pasos decisivos para acadar tal fin. O primeiro, propoñer ao IDAE (Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía) que Vigo lidere a implantación. Abel Caballero acordou a principios de mes co Insituto estudar a aplicación do proxecto piloto nesta cidade, idea que o instituto acolleu con entusiasmo.
A proposta do rexidor pasa por elaborar ese proxecto para convertir a cidade olívica en cidade piloto de fabricación e utilización de coches eléctricos. O proxecto piloto sería para toda España pero aplicaríase de forma experimental en Vigo e convertiríase así nun punto de referencia grazas a implantación, tamén pionera, dunha rede pública e privada de electrolineras.
Pero os pasos chegan máis lonxe xa que o alcalde foi quen de involucrar ao centro tecnolóxico da automoción (CTAG) e á empresa privada nesta ambiciosa proposta. Abel Caballero explicou o plantexamento ao CTAG e as empresas Tranvías Eléctricos e Welgood Solutions a quen trasladou a idea de que o Concello vigués pretende liderar unha iniciativa que necesitará do respaldo do sector de automoción, coma PSA Peugeot Citröen para a fabricación do vehículo, o CTAG para a posta en valor da súa tecnoloxía e a industria de compoñentes para o suministro.